Como envío fotos, arquivos, un evento ou unha enquisa nun chat?
Toca Máis opcións xunto ao cadro de texto e escolle o que queres compartir.
Xunto ao cadro de texto do chat, toca Máis opcións e escolle:
- Subir foto ou vídeo, ou Arquivo para compartir un documento. Con Abrir cámara fas a foto no momento.
- Crear evento: título, data e hora, e notas. O evento aparece en Inicio de quen lea ese chat cando se achega a data, e chégalles un recordatorio.
- Crear enquisa: unha pregunta e polo menos dúas respostas, para decidir algo rápido entre os do chat.
Unha enquisa de chat é informal. Para consultas da comunidade con maiorías e cotas, a xunta usa as votacións.
Se borras a mensaxe do evento, o evento tamén se elimina.
Artigos relacionados
Quédache algunha duda? Escríbenos a soporte@bloqia.es.