Como pido a sinatura dun documento?

A xunta envía un PDF para asinar á presidencia e á secretaría; coa última sinatura, Bloqia sélalo.

  1. En Documentos, abre o menú do PDF e escolle Pedir sinatura.
  2. En Quen asina?, escolle Presidencia e secretaría (as mesmas sinaturas que unha acta) ou Só a presidencia.
  3. Confírmao. Quen ten que asinar recibe un aviso.

Mentres tanto, o documento mostra Pendente de sinatura e queda bloqueado. Con Ver a sinatura segues o estado, e con Retirar a petición podes cancelala.

Cando asina o último, Bloqia engade unha páxina de sinaturas, sela o documento e deixa unha copia «(asinado)» xunto ao orixinal. Calquera pode comprobar que é auténtico en www.bloqia.es/verificar.

Quédache algunha duda? Escríbenos a soporte@bloqia.es.