Como anoto un gasto ou un ingreso?
Escanea a factura para que a app encha o movemento, ou engádeo a man.
Coa factura
- En Libro de contas, toca Escanear factura e faille unha foto ou escolle o PDF.
- A app le o importe, a data, o provedor e suxire a categoría.
- Revisa os datos e garda. A factura queda anexada e arquívase soa en Documentos → Facturas.
A man
- Toca Engadir movemento.
- Indica se é gasto ou ingreso, o importe, a data, a categoría e unha descrición.
- Se queres, usa Anexar factura/recibo.
- Garda.
En Orixe do pagamento indica se saíu da conta da comunidade ou se alguén o adiantou (Adiantado por min ou Adiantado por outro…), para que quede pendente de devolver.
Con Repartir por cota de participación, o gasto repártese entre as vivendas segundo a súa cota, e podes excluír as que non participan nese gasto.
A lectura de facturas usa intelixencia artificial dentro da Unión Europea, sen que se usen os datos para adestrar modelos.
Artigos relacionados
Quédache algunha duda? Escríbenos a soporte@bloqia.es.