Que é a campá de Novidades?
Os últimos avisos da túa comunidade, cun contador dos que non leches.
A campá da parte de arriba mostra Novidades: os últimos avisos da túa comunidade, como unha votación nova, unha incidencia, un documento ou un movemento das contas. O número indica cantos tes sen ler.
- Toca a campá para ver a lista.
- Toca un aviso para ir directamente ao que anuncia.
- Usa Ler todas para marcalos todos como lidos.
As novidades son as mesmas mensaxes do chat Avisos: lelas nun sitio márcaas como lidas no outro. As mensaxes dos demais chats non aparecen aquí; podes velas na pestana Chats.
Artigos relacionados
Quédache algunha duda? Escríbenos a soporte@bloqia.es.